- Editorial:
- EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
- Ano de edición:
- 2007
- ISBN:
- 978-84-9782-642-6
- Páxinas:
- 504
- Encadernación:
- Cartoné
CONSULTORIO DOS NOMES E DOS APELIDOS GALEGOS
MÉNDEZ FERRÍN, XOSÉ LUIS
Neste Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos, X. L. Méndez Ferrín explora, con ánimo indagatorio e divulgativo, sen unha estrita pretensión académica, os antropónimos do noso País, que son os auténticos protagonistas deste libro. A obra organízase en tres partes: no Consultorio abórdanse asuntos xerais e particulares referidos aos nomes persoais e aos apelidos galegos; en Un ferrado de apelidos analízanse por orde alfabética os 153 apelidos máis frecuentes; e en Flor de raros trátanse vinte apelidos seleccionados entre os excepcionais. Completan a obra un breve glosario e un completo índice onomástico. O Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos é un volume de indispensable consulta para todas aquelas persoas que sintan curiosidade e afán de coñecemento pola vida e a historia dos devanceiros.