PERMACULTURA
En stock

PERMACULTURA

UNHA CAIXA DE FERRAMENTAS PARA DESEÑAR UN MUNDO MELLOR

GRANDE BABARRO, ALEXANDRE

19,00 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
CATROVENTOS EDITORA
Ano de edición:
2019
ISBN:
978-84-949154-3-7
Páxinas:
236
Encadernación:
Rústica
19,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Quen pense que a permacultura ten que ver coa disposición da horta e os cultivos, con baños composteiros ou con bioconstrución, vai por bo camiño, pero non atopará aquí o típico libro de permacultura, senón un libro que vai moito máis alá, un libro cuxa esencia é nutrir e espallar a visión dunha permacultura integral e práctica que nos axudará a tomar consciencia dos retos actuais, a avaliar axeitadamente as nosas posibilidades e a buscar redes.

Desde as experiencias persoais e unha traxectoria profesional activa e activista no eido da permacultura e da transición ecosocial, pero sobre todo desde a curiosidade cara a proxectos que apostan por outro mundo posible, Alexandre Grande Babarro preséntanos nesta obra unha visión global da permacultura que abrangue historia, referentes, trazos característicos, ferramentas de deseño e recursos para un mundo mellor. Completa ademais a súa achega coa presentación de proxectos vivos en Galiza baseados, dun xeito máis ou menos consciente, nos principios permaculturais e que nos propoñen respostas reais e viables ás crises ecolóxica e
sistémica mundiais.

Artículos relacionados