- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA, S.A.
- Año de edición:
- 2019
- Materia
- Cine e televisión
- ISBN:
- 978-84-9151-335-3
- Páginas:
- 308
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Pantallas
A FORESTA E AS ÁRBORES. PARA UNHA HISTORIA DO CINEMA EN LINGUA GALEGA 02
MARGARITA LEDO ANDIÓN (ED)
So o enunciado A foresta e as árbores, neste novo volume adentrámonos na análise dunha mostra representativa de filmes que, en presente, constrúen, balizan e normalizan un ámbito singular da cultura: producir películas na lingua propia de Galiza.
Outra volta a distinción dos capítulos vai cara a aspectos que pasan polo corpo, polos sentidos, polas marxes, e ten a ver coas propostas que os e as cineastas desenvolveron nas súas obras, obras de ficción por veces, documentais ou en pasaxe entre un e outro territorio as máis. Filmar o dó, filmar o velado, filmar o traballo, filmar a ollada, filmar a pantasma, filmar a tribo, filmar as pulsións canda o fóra de campo son as estacións que amplían esta viaxe que quereriamos longa e frutífera.