ALEXANDRE BÓVEDA
Consultar disponibilidad

ALEXANDRE BÓVEDA

NA DEMANDA DA RESTAURACIÓN

OTERO, DAVID

17,00 €
IVA incluido
Consultar disponibilidad
Editorial:
EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
Año de edición:
2009
Materia
Biografias e memorias
ISBN:
978-84-8487-148-4
Páginas:
235
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Laiovento
17,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Este libro resume, condensa e amplía a bibliografía existente sobre a personalidade política, intelectual e humana dunha das figuras máis relevantes da historia do nacionalismo galego.

Dificilmente, nun período tan curto de vida —foi asasinado aos trinta e tres anos— se pode desenvolver un traballo tan intenso e fecundo como o realizado por Alexandre Bóveda. Nas páxinas deste libro da autoría de David Otero o lector ou lectora terá ocasión de comprobar o que vimos de sinalar.

Como consecuencia da súa decidida entrega na defensa dos intereses e da dignidade da nosa Nación, Alexandre Bóveda sería asasinado o 17 de agosto de 1936 no monte da Caeira en Poio.

Minutos antes da súa execución, aínda era quen de ditar a derradeira "leción do mestre": "a miña morte servirá para acadar adeptos á causa galega. Un ben que aínda despois de morto, farei á nosa Terra".

Precisamente, o 17 de agosto do ano 2005, o gran poeta Xosé María Álvarez Cáccamo, no cemiterio de San Mauro, pronunciou unhas palabras en lembranza de Bóveda nas que, entre outras cousas, afirmou: "naquela hora da madrugada negra comezou a medrar a familia dos destinatarios da túa derradeira vontade. Hoxe somos multitude ardente a dos que vivimos contigo na paixón luminosade

Galiza, na homenaxe da túa intelixencia de serena anatomía, do teu claro rumbo de amor expansivo, do teu inimitábel estilo humano e das túas certezas políticas, que son tamén nosas e ti alimentas e coidas desde a memoria dilatada en herdo milenario

Artículos relacionados