- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA, S.L.
- Año de edición:
- 2020
- Materia
- Infantil
- ISBN:
- 978-84-1343-008-9
- Páginas:
- 40
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Demademora
ATRAPAMIRADAS
AVI OFER / MARIA NUÑEZ
"Hoxe Vera érguese animada, disposta a atopar a solución
dunha vez por todas.
Vamos alá!
Xa hai tempo que anda preocupada e esta mañá, por fin,
decide saír na procura de miradas. Crúzase con moita xente, pero... miradas, non atopa ningunha
"
«Atrapamiradas» é o espello da realidade no que moitas nenas
e nenos se ven reflectidos cada día, cunha sociedade enganchada
aos dispositivos móbiles. Pero por infinita que sexa a oferta
de chamadas, mensaxes, fotos, música, redes sociais, aplicacións e páxinas web polas que navegar, nada é equiparable ás cousas máis marabillosas que se poden apreciar, non a través
dunha pantalla, senón da retina.