- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA, S.A.
- Año de edición:
- 2026
- Materia
- Novela negra/thriller
- ISBN:
- 978-84-1176-623-4
- Páginas:
- 300
- Encuadernación:
- Rústica
BUSCANDO A DALIA
FERNANDEZ, MIGUEL ANXO
Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra Fernando Rey da Agapi en 2001 e o Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual da Xunta de Galicia en 2012.
No eido da ficción, deu ao prelo O sabre do francés (2002), Capitol, última sesión (2004), O espido de Gina (2014) e Blues para Moraima (2016, Premio Blanco Amor), ademais da serie co detective Frank Soutelo: Un nicho para Marilyn (2002, Premio García Barros), Luar no inferno (2006), Tres disparos e dous friames (2008), Lume de cobiza (2011), Bícame, Frank (2013), Un dente sen cadáver (2016) e A conxura do sete (2022), publicados en Editorial Galaxia.