- Editorial:
- EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
- Año de edición:
- 2026
- Materia
- Filoloxia
- ISBN:
- 978-84-1110-859-1
- Páginas:
- 192
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Edicións singulares
DO PROBLEMA DO GALEGO AO GALEGO COMO PROBLEMA
O DISCURSO LINGÜÍSTICO DE GALICIA NO PERÍODO 2007-2012
GRADÍN, MARIO
«A imposición do galego», «o equilibrio», «a liberdade de elección lingüística»... discursos coma este foron moi difundidos en Galicia nos últimos vinte anos, contribuíndo á creación dun marco no que se pasou de preocuparse polo «problema do galego» á visión do galego como un «problema» de seu.
Para profundar na orixe e nas causas do éxito destes discursos, este libro analiza as entrevistas a algunhas das persoas protagonistas do debate lingüístico de Galicia no período 2007-2012. Este foi un dos momentos de maior controversia arredor das linguas de Galicia, fundamentalmente pola polémica xurdida coas políticas lingüísticas do goberno de coalición PSdG-PSOE/BNG e do primeiro goberno de Núñez Feijóo (PPdG).
A través destas voces, procedentes da política e do mundo asociativo e sindical, a obra reconstrúe as claves do debate lingüístico recente. Todo isto realizado dende a propia mirada crítica do autor, que defende a necesidade de políticas compensatorias para o galego que revertan á súa situación de desigualdade nun momento tan crítico para o idioma como o actual.