MANEIRAS DE OLLAR
En stock

MANEIRAS DE OLLAR

BERGER, JOHN

18,00 €
IVA incluido
En stock
Editorial:
FAKTORIA K DE LIBROS, S.A.
Año de edición:
2026
Materia
Arte
ISBN:
978-84-19213-63-1
Páginas:
168
Encuadernación:
Rústica
18,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Un clásico revolucionario, necesario nesta realidade de saturación visual que reivindica que ollar con atención é o acto político máis urxente do noso tempo.
Vivimos inundados polas imaxes, pero quen nos ensinou a miralas? Cada día consumimos miles de estímulos visuais: desde a publicidade que asolaga as nosas pantallas ata as obras mestras da arte que enchen os museos. Mais, que nos din en realidade? Neste ensaio breve e abraiante, John Berger desposúe a historia da arte da súa linguaxe elitista e desmonta os mecanismos ocultos da nosa cultura visual. Coa clara intención de devolver a capacidade de mirar ás persoas, percorre cinco séculos de pintura europea para preguntarse e preguntarnos: quen mira?, quen é mirado?, quen posúe as imaxes e como actúan estas co noso desexo? 
Da Venus de Urbino de Tiziano ás imaxes publicitarias, do museo ao escaparate, os sete capítulos de Maneiras de ollar revelan que aprender a mirar doutro xeito é o primeiro paso para vivir doutra forma. A obra chega a conectar o Renacemento co consumismo moderno para demostrarnos unha verdade incómoda: ningunha imaxe é inocente, todas agochan unha relación de poder.
Publicado orixinalmente en 1972 a partir da soada serie británica da BBC, este ensaio, agora editado por primeira vez en galego no ano no que se celebra o centenario do nacemento do seu autor, transformou para sempre a forma en que pensamos a arte e a mirada. Medio século despois, nunha época saturada de estímulos visuais, as súas preguntas resultan máis necesarias ca nunca.

Artículos relacionados

Otros libros del autor