- Editorial:
- EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
- Año de edición:
- 2019
- Materia
- Poesia
- ISBN:
- 978-84-9121-542-4
- Páginas:
- 312
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Biblioteca das letras galegas
O DIVINO SAINETE
CURROS ENRÍQUEZ, MANUEL
Publicado en 1888, O Divino Sainete é un poema satírico de tipo caricaturesco que narra a peregrinación de Curros Enríquez a Roma, guiado por Francisco Añón (que se presenta como capitán da Santa Compaña galega) con motivo do ano xubilar celebrado polo pontífice León XIII.
Mediante a deformación da Divina Comedia de Dante, Manuel Curros Enríquez utiliza esa obra como modelo para caricaturizar o mundo clerical da época e certas institucións e personaxes do mundo político e cultural galego. Trátase dunha obra de gran vigor expresivo e forte sentido narrativo. Tremendamente polémica no seu tempo, foi unha das obras galegas máis lidas e editadas.