- Editorial:
- TRIQUETA VERDE, S.L.
- Año de edición:
- 2026
- Materia
- Infantil
- ISBN:
- 979-13-87501-81-5
- Páginas:
- 22
- Encuadernación:
- Otros
PASTEL DE INVERNO
COSTAS, LEDICIA
Nas pólas desta árbore cocíñase o pastel máis doce do inverno!
Cando chega o inverno, Pelusa emprende un percorrido pola gran árbore na procura dos ingredientes necesarios para preparar un delicioso pastel. Cada veciño ten algo que achegar e, a cambio, Pelusa promete que todos poderán probar un anaco.
Visita tras visita, os ingredientes vanse sumando e a historia medra con eles a través dunha divertida estrutura acumulativa e repetitiva, perfecta para que os máis pequenos anticipen, lembren e participen na lectura.
Pastel de inverno é unha cálida historia sobre a amizade, a cooperación, a xenerosidade e a alegría de compartir, acompañada polas delicadas ilustracións de Sara Sánchez.
Un orixinal libro acartonado e troquelado en forma de árbore, cheo de pequenos detalles para observar e descubrir unha e outra vez, ideal para as primeiras lecturas compartidas.