- Editorial:
- EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
- Año de edición:
- 2009
- Materia
- Xeral
- ISBN:
- 978-84-9782-938-0
- Páginas:
- 240
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Universitaria
PROSTITUCIÓN
CLIENTES E OUTROS HOMES : ANÁLISE SOCIOLÓXICA DAS IDEOLOXÍAS SEXUAIS MASCULINAS DE GALICIA
ÁGUEDA GÓMEZ SUÁREZ / SILVIA PÉREZ FREIRE
Con Prostitución: clientes e outros homes, as sociólogas da Universidade de Vigo Agueda Gómez e Silvia Pérez achegan outro enfoque a análise da industria sexual no noso país axustándose as experiencias dos homes e as mulleres implicados no fenómeno da prostitución en Galicia. O dramatismo con que as mulleres en prostitución viven a súa realidade e a frivolidade e ociosidade na que se recrean os clientes, mostra o controvertido e inquietante semblante desta cuestión. Hoxe, a prostitución na nosa sociedade, convértese no síntoma da cultura sexual dominante nas culturas patriarcais e capitalistas. Este libro conta coa inestimable colaboración de Enrique Gil Calvo, un dos sociólogos actuais máis representativos e relevantes das ciencias sociais no noso país, que traballou en diversos libros sobre a cuestión das masculinidades.