- Editorial:
- EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
- Año de edición:
- 2007
- Materia
- Xuvenil
- ISBN:
- 978-84-9782-609-9
- Páginas:
- 160
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Fóra de xogo
PROXECTO POMBA DOURADA
MIGUEL VÁZQUEZ FREIRE
Arno ó baixar do aerobús, de volta da escola, atopou ós vehículos da policía e a dúas ambulancias aparcadas diante da súa casa, unha inmensa torre de oitenta e cinco andares, habitada por duascentas familias. Arno soubo con total seguridade que a traxedia ocorría na súa casa e que nela os seus pais desempeñaban un papel sobranceiro e doloroso. Na mesma porta, un equipo móbil de televisión tomaba imaxes, mentres o comentarista, co micrófono na man, discutía cun policía que se negaba a deixalo pasar ó interior. «Comprendo como te sentes, díxolle o inspector Lesoto , pero seguramente terás interese en que descubramos os culpables deste crime».