Antón xa sabía ler so, pero quería compartir con alguén o seu libro favorito. Saíu todo contento polo seu barrio e buscou, e buscou e buscou..., pero nada. Todo o mundo parecía tan ocupado...!
Un álbum ilustrado no que se reflexiona, dun modo divertido e didáctico, sobre a necesidade de compartir: neste, caso, compartir un libro. O protagonista quere ler con alguén o seu libro favorito. Porque todo o que se comparte alcanza unna maior dimensión. Ademáis, este conto axuda a tratar temas como a exclusión promovendo o respeto á diversidade. Revélanos que nunca debemos dar nada por feito. Que arredor dun existe todo un mundo de experiencias por descubrir e todas as persoas suman nel.