- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
- Año de edición:
- 2010
- Materia
- Arquitectura
- ISBN:
- 978-84-8487-201-6
- Páginas:
- 159
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Laiovento
(RE)IMAXINANDO O UNIVERSO URBANO
XOSÉ CONSTENLA VEGA
Desde formulacións da crítica cultural neomarxista e desde a comprensión da teoría da solución espacial, o autor, debedor da tradición da xeografía social crítica, cuxo maior representante é o xeógrafo británico David Harvey, propón un roteiro por aquelas coordenadas urbanas que configuran a cosmovisión crítica de corte marxista na xeografía galega actual.
Como intervén o xiro da lóxica cultural na configuración espacial das nosas sociedades? Que transformacións aconteceron nos procesos de acumulación de capital producindo un desenvolvemento xeográfico desigual? Estas e outras preguntas encontran resposta en (re)Imaxinando o universo urbano, unha reflexión sobre os procesos xeosociais e culturais que están a acontecer nas nosas cidades durante a chamada posmodernidade.