UN ANO ENTEIRO
En stock

UN ANO ENTEIRO

LIONNI, LEO

16,00 €
IVA incluido
En stock
Editorial:
KALANDRAKA EDITORA, S.L.
Año de edición:
2025
Materia
Infantil
ISBN:
978-84-1343-356-1
Páginas:
32
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
Tras os montes
16,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Unha nova fábula de Leo Lionni para familiarizarse cos meses do ano, coas estacións e co valor da natureza.
O primeiro día de xaneiro, Lolo e Lara, dous ratiños de campo, fan unha nova amiga: Flora, unha árbore falante. Tras superar a sorpresa inicial, deciden visitala durante todo o ano. A medida que pasan os meses, Lolo e Lara observan como Flora absorbe a auga da neve ou da chuvia, como florece na primavera, dá froitos no verán ou lle caen as follas no outono. Cando chega o Nadal, Lolo e Lara celebran xuntos que teñen unha grande amiga e prepáranse para un novo ano cheo de sorpresas.
Regresan os coñecidos personaxes do gran Leo Lionni neste clásico publicado orixinalmente en 1992 e inédito en España. Un álbum ideal para coñecer o ciclo do ano, os meses e as estacións, ademais de sensibilizar os lectores e as lectoras máis pequenos sobre a importancia do coidado da natureza e do medio ambiente. Unha fábula deliciosa editada nun orixinal formato e unha lectura perfecta para todo o ano.

Artículos relacionados

Otros libros del autor