VAL TAN DOCE E SOMBRÍO
En stock

VAL TAN DOCE E SOMBRÍO

FERNÁNDEZ NAVAL, FRANCISCO X.

15,00 €
IVA incluido
En stock
Editorial:
FAKTORIA K DE LIBROS, S.A.
Año de edición:
2026
Materia
Poesia
ISBN:
978-84-16721-97-9
Páginas:
96
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Tambo
15,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Cando o home enfermou
ela deixou a casa da cidade
e regresou á aldea;
á casa familiar; á xanela
dende a que falar
coa lúa.

Estamos ante un autor que sabe poñerse ás ordes da emoción cando unha luz que chega sen previo aviso; desde un algures moitas veces descoñecido; lle dita o primeiro verso. O camiño que arrancou na vaga epifanía inicial vai medrando daquela arredor da libre e disciplinada asociación das palabras; ganduxando imaxes e metáforas e someténdose nun incógnito azar ás imposicións do ritmo. 
Acaba chegando así; trenzada cuns versos puramente espontáneos e outros procurados a golpe de oficio; a música marabillosa do encontro coa verdade. E aínda que nada na poesía é absoluto; o certo é que este é un libro absolutamente a favor da lembranza conmovida; nado por e para unha nai que cegou dúas veces; unha polo glaucoma; e a outra polo cruel esquecemento.
Mais; tamén; unha nai que nunca perdeu nin a tenrura nin a luz. Estamos; por tanto; ante unha colección de poemas nos que; como escribiu Eva Veiga: “cada sombra é unha escada no corazón da luz”.

Artículos relacionados