Condiciones de compra

Aspectos xerais Para a adquisición de produtos na web de Libraría Paz requírese o rexistro previo como usuario (cumprimentando os datos persoais solicitados) e a introdución dos datos de pago. Todas as vendas consideraranse en firme desde a aceptación e pago do pedido. Os métodos de pago aceptados son tarxeta de crédito e transferencia bancaria. Tamén hai a posibilidade de reservar para recoller e pagar o produto directamente na librería.

Os prezos aplicables a cada produto son os indicados na nosa web en  a data do pedido e todos eles inclúen o IVE (Imposto sobre o Valor Engadido) correspondente en cada caso.

Os gastos de envío correspondentes sempre se indican no pedido.

Formas de pago

O sistema mostraralle de forma automática as formas de pago dispoñibles para  o seu pedido: -Tarxeta de crédito ou débito.

-Transferencia bancaria.

Todas as operacións que implican a transmisión de datos persoais ou bancarios realízanse empregando unha contorna segura. Toda a información que nos transmita viaxa cifrada a través da Rede e os datos sobre  a súa tarxeta de crédito non quedan rexistrados en ningunha base de datos senón que van directamente ao TPV (Terminal Punto de Venda).

Política de devolucions

Libraría Paz, en cumprimento da normativa vixente, concede o dereito de devolución de calquera manual en soporte papel adquirido a través do comercio electrónico, no prazo de sete días desde a data de recepción. Neste prazo, se o cliente non está satisfeito co libro recibido e quéreo devolver non está obrigado a achegar ningunha explicación sobre o motivo, tendo só que comunicalo previamente a libraría (por correo: info@librariapaz.com ou por teléfono 986 86 04 71).

O cliente debe devolver o libro nas mesmas condicións que o recibiu (sen usar), empregando o mesmo método de entrega, e asumindo os gastos de envío, á librería en  Rúa Peregrina 29, 36001, Pontevedra, identificando de forma clara os datos do remitente.

Unha vez recibido o libro e comprobado que está en perfecto estado, Librería Paz reintegraralle o importe da súa compra. O reembolso efectuarase a través do medio de pago que utilizou na compra.

Se o motivo da devolución fose a recepción dun libro defectuoso ou que non se corresponde co solicitado no pedido, Librería Paz correrá cos gastos da devolución e realizará un novo envío unha vez comprobado o estado do produto.

Libearía Paz  acepta anulacións de pedidos sempre que non se iniciase a tramitación do envío.

No caso da adquisición dun CD/DVD ou LP, polas características do produto, Librería Paz non pode realizar devolucións, aínda  que facilitará o contacto co  distribuidor correspondente se o cliente desexa facerlles chegar calquera tipo de reclamación.