A BANDA QUE NINGUÉN COÑECE
En stock

A BANDA QUE NINGUÉN COÑECE

BUDDE, NADIA

16,00 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
KALANDRAKA EDITORA, S.L.
Ano de edición:
2025
ISBN:
978-84-1343-376-9
Páxinas:
40
Encadernación:
Cartoné
Colección:
Demademora
16,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos







Un álbum divertido e gamberro ideal para compartir con prelectores e primeiros lectores.
Quen son os estraños personaxes que chegan na furgoneta? O primeiro ten mirada de moucho, o segundo perruca de la, o terceiro gorro de gala e a cuarta unha voz sorprendente. Ante a mirada atónita dos habitantes do lugar, despregan os seus misteriosos artefactos e comezan a tocar. Sons estridentes, compases atolados, moi pouco afinados, con voces sen alento…. Que comece o concerto!
Unha nova proposta da ilustradora alemá Nadia Budde repleta de situacións disparatadas, xogos de palabras e rimas delirantes para imaxinar a historia dun particular grupo de rock: A banda que ninguén coñece. Un álbum diferente, protagonizado por personaxes argalleiros, do máis diverso e disparatado, e unha nova proposta que convida a “cantar e contar” ideal para compartir con prelectores e primeiros lectores.





Artículos relacionados