- Editorial:
- EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
- Ano de edición:
- 2001
- ISBN:
- 978-84-8302-663-2
- Páxinas:
- 280
- Encadernación:
- Otros
- Colección:
- Universitaria
A DERRADEIRA LECCIÓN DOS MESTRES
GALEGUISMO E PENSAMENTO PEDAGÓXICO.
RIVAS BARRÓS, SABELA
A derradeira lección dos mestres. Galeguismo e pensamento pedagóxico (1900-1936) analiza .
as formulacións que conforman o pensamento pedagóxico do movemento galeguista desde o comezo do século XX ata a II República.
No libro faise, en primeiro lugar, unha síntese histórica das orixes e desenvolvemento do galeguismo desde mediados do século XIX ata o ano 1936.
Na segunda parte examínanse diversos aspectos cardinais que afectan á elaboración dun proxecto pedagóxico galeguista adaptado á realidade galega e a súa posta en práctica nas Escolas de Insiño Galego da Coruña.
Por último, faise unha semblanza biográfica dun mestre -Roxelio Pérez González- e dunha mestra -Elvira Bao- moi comprometidos co galeguismo e coa renovación pedagóxica.