- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
- Ano de edición:
- 2026
- ISBN:
- 978-84-8487-791-2
- Páxinas:
- 212
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Ensaio
A IDEOLOXÍA ESPAÑOLA NO SÉCULO XXI
ANATOMÍA DO FASCISMO COGNITIVO NA SOCIEDADE ACTUAL
BEMEJO BARRERA, JOSÉ CARLOS
As ideoloxías son sistemas complexos que explican e xustifican a orde económica, social e política, ofrecendo unha visión do mundo compartida e á vez deformada para lexitimar as desigualdades. Historicamente, relixión, política, dereito e economía foron elaboradas por especialistas capaces de facelas cribles mediante argumentos e debates que protexen os intereses dos grupos dominantes. A maioría da poboación, sen recursos técnicos para desmontalas, acaba asumindo esas ideas como propias, pois as ideoloxías crean subxectividades e fan crer que as identidades sociais xorden dos desexos individuais, cando son produto das redes nas que cada quen vive.
Este libro analiza en profundidade a ideoloxía española, desmontando os seus elementos chave e contrastándoos coa realidade histórica desde Marx e a socioloxía posterior. Examínase tamén o papel das universidades e dos seus profesores como defensores dun sistema do que esperan obter beneficios. A través das estampas españolas móstrase como o sistema político desnaturaliza dereito, educación e vida social mediante normas manipuladas e sofismas que degradan a política a un xogo electoral.
A súa misión é axudar, seguindo a metáfora de Wittgenstein, a saír da garrafa atrapamoscas da linguaxe e da visión do mundo que impón a orde global, da que España é só unha peza.