- Editorial:
- EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
- ISBN:
- 978-84-9914-332-3
- Páxinas:
- 40
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Merliño
A POMBA DONA PAZ
RAMÓN CARIDE
Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En conto o día amañece vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños.
O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi, unha data que contribuíu nos centros educativos de xeito moi especial á difusión da Educación para a Paz.
A pomba dona Paz é un relato concibido para que os lectores e lectoras máis novos participen tamén dos valores da construción pacífica da sociedade e da cidadanía democrática.
Un libro que é un vieiro da esperanza cara a un mundo en paz e igualdade.