A REVOLUCIÓN DOS VAGALUMES
En stock

A REVOLUCIÓN DOS VAGALUMES

O DEREITO A SOÑAR SEN MEDO

RIVAS, MANUEL

18,50 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Ano de edición:
2026
ISBN:
978-84-1110-892-8
Páxinas:
168
Encadernación:
Rústica
18,50 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Como no peor pesadelo de ciencia ficción, unha Maquinaria de Facer Desacougar tomou o mando do rumbo do planeta. Unha apisoadora de aceleración retrógrada. A descivilización. A atmosfera intoxicouse cun «mal de aire», un pesticida do pensamento, un herbicida das palabras, un novo DDT cos ingredientes do Despotismo, a Depredación, e un Terror semántico que volve proclamar a consigna máis canalla: «La guerra è bella!».
Onde se foron de vacacións as conciencias? «A revolución dos vagalumes» denuncia o conformismo das elites servís, intelectuais e mediáticas, e desarma os negacionismos. As palabras queren volver escoitar e dicir. Resistir ante este feísmo inmoral. Exercer o dereito a soñar sen medo. A humanidade comparte coa natureza unha esperanza sustentable, un reduto sagrado: a pulsión creativa, xerminal. Unha constelación do espertar.

Artículos relacionados

Outros libros do autor