- Editorial:
- BAIA EDICIONS
- Ano de edición:
- 2002
- ISBN:
- 978-84-89803-84-8
- Páxinas:
- 128
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Branca
A VELLEZ NA POESÍA GALEGA
CACHEIRO VARELA, MAXIMINO
Acaída antoloxía literaria que aproveita -(in)directamente- para poñer en valor o papel da vellez na nosa sociedade e a súa importancia como transmisora de coñecementos e vivencias para as xeracións máis novas.
Un percorrido literario a través de distintas expresións poéticas no que o protagonismo da vellez alcanza todo o seu sentido como fin dunha vida e principio dun novo (re)nacer que alcanza o seu ser no recordo, as obras realizadas, os camiños abertos...
Esta antoloxía poética iníciase con tres artigos -digamos, filosóficos?- de Novoa Santos, Otero Pedrayo e García-Sabell, que introducen este particular camiñar pola historia da nosa literatura, e na que deixan a súa pegada, entre outros, trobadores, tradición oral, Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Cabanillas, Celso Emilio Ferreiro, Carvalho Calero e Álvaro Cunqueiro.
Pro eu resucitarei que soio volven
os que recordan, compañeiros.
de "Herba de aquí e acolá" (Álvaro Cunqueiro)