- Editorial:
- IR INDO EDICIONS, S.L.
- Ano de edición:
- 2001
- ISBN:
- 978-84-7680-349-3
- Páxinas:
- 65
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Contacontos
AIRE SONORO
GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
Con Aire sonoro nace un sensible poemario sobre a música e os sons instrumentais. Daniel Barenboim ten dito que ?un gran músico italiano de principios de século foi quen deu a única boa definición da música: a música é aire sonoro -dixo- aire con son; e non é nada máis ca iso?. Guiado por estas palabras, o autor mergúllase nos sons das notas musicais para convertelas en versos cheos de suxestións que nacen tanto das palabras como das fantasías dos instrumentos, das cores, dos animais, das flores...