- Editorial:
- EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
- Ano de edición:
- 1990
- ISBN:
- 978-84-7507-475-7
- Páxinas:
- 120
- Encadernación:
- Bolsillo
- Colección:
- Narrativa
CAIXÓN DESASTRE
DE TORO, SUSO
" Caixón desastre " (seis relatos) recibiu o Premio Galicia da Universidade de Santiago e axiña conmoveu ós lectores: pola súa novidade, pola súa frescura, polo seu corrosivo humor " simbiótico " , pola súa capacidade para observar a realidade, polo que anunciaba... Era o principio dun dos nosos narradores novos máis interesantes e de mellor aceptación popular. Esta edición de " Caixón desastre " , o primeiro libro de Suso de Toro, sete anos despois, recupera aquela primeira frescura e amplíase con novos textos. " De 10 a 11 " " A paixón segundo San Mateo " é un magnífico relato, cruel e paranoide, extraordinariamente ben construido; " Aquí somos así, positivamente " quizais sexa o preferido do autor, e " Efecto astronauta " cerra a mostra de quen é xa, sen dúbida, un dos nosos escritores máis sobresalientes.