- Editorial:
- ALVARELLOS EDITORA TÉCNICA
- Ano de edición:
- 2026
- ISBN:
- 978-84-18567-95-7
- Páxinas:
- 116
- Encadernación:
- Rústica
CON PÓLVORA E MAGNOLIAS
XOSÉ LUIS MÉNDEZ FERRÍN
A aparición, en novembro de 1976, de Con pólvora e magnolias, de X. L. Méndez Ferrín, supuxo toda unha revolución cultural. Esta obra marcaría un novo tempo para a poesía galega. Pola calidade e novidade do seu verso, mais tamén polo seu singular formato e deseño. Unha coidada edición facsimilar de Alvarellos Editora rescata agora esta obra emblemática, cando se cumpren 50 anos da súa aparición. Como engadido, incorpora un Epílogo a cargo do poeta e especialista no autor, Anxo Angueira, e manuscritos orixinais, moi descoñecidos, dalgúns dos poemas. RÉPLICA EXACTA DUN LIBRO INESQUECIBLE Impresa utilizando o mesmo tipo de papel kraft de cor marrón no interior e verxurado na cuberta, esta edición facsimilar é pois unha perfecta réplica da orixinal de 1976: no formato (18 x 20,2 cms), nas cores amarela escura da capa e na violeta para todos os textos, na tipografía, e mesmo foi encadernado manualmente, pegando as lapelas, tal e como se presentaba na súa edición príncipe. «O libro padeceu un boicot, pero venceu polo deseño», afirma hoxe Méndez Ferrín. «Esta obra tíñao todo para se con