- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA, S.A.
- Ano de edición:
- 2026
- ISBN:
- 978-84-1176-655-5
- Páxinas:
- 52
- Encadernación:
- Rústica
CONTOS DE FÚTBOL
GARCÍA BARROS, MANUEL
En 1924 saíu da pluma de Manuel García Barros o conto satírico O fútbol en Malpocados, premiado pola Sociedade Económica de Santiago, no certame literario celebrado polas festas do Apóstolo, posiblemente o primeiro escrito documentado sobre temática balompédica na literatura galega. Posteriormente escribiu Crónica futbolística. Un partido en Pernafría (publicados nos seus Contiños da Terra).
Dous contos onde a retranca e o fino humor do autor quedan de manifesto ante as modernidades deste deporte que se ía implantando en Galicia, e que tivo especial relevancia na súa parroquia de adopción, Callobre.