CONTRABIOGRAFÍA
En stock

CONTRABIOGRAFÍA

LÓPEZ LÓPEZ, XABIER

20,55 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Ano de edición:
2024
ISBN:
978-84-1176-180-2
Páxinas:
220
Encadernación:
Otros
Colección:
Literaria
20,55 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Contrabiografía non é unha biografía á contra. Máis ben é unha autobiografía inversa, unha velada chiscadela ao Everybody's Autobiography, de Gertrude Stein, onde se nos ensinou que a mellor maneira de falar dun mesmo é falar deles, dos outros, daquelas persoas e espazos contra os que nos recortamos coma unha sombra.
Texto da estirpe dos híbridos, o motor de Contrabiografía é unha navegación río arriba, unha pescuda das orixes da memoria familiar que —co pretexto de dar conta dunha vinganza, un asasinato, unha execución, unha historia real con trazas de traxedia grega— busca e recrea pontes, rías, pasadizos e viaxes de ida e volta, do golfo Ártabro a América, deste século aos séculos pasados, para, acaso sen pretendelo, descubrir que todo é estrañamente parecido ao que nos contaron.

Artículos relacionados

Outros libros do autor