COS SINAIS DA AUGA
En stock

COS SINAIS DA AUGA

ÁLVAREZ GARCÍA, LOURDES

15,00 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
FAKTORIA K DE LIBROS, S.A.
Ano de edición:
2025
ISBN:
978-84-19213-57-0
Páxinas:
160
Encadernación:
Rústica
Colección:
Tambo
15,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

A poesía que se compila nestas páxinas está alicerzada, xa desde o debut da autora, no regreso á súa orixe, tanto na paisaxe rural da infancia e da mocidade coma, de xeito especial, nas raíces familiares; o que a poeta chama “a casa dos pais”.

Son tamén versos nos que, xunto ás palabras ditas, cobran unha relevancia non menor as que quedan sen dicir, cando os silencios pasan a xogar un papel primordial nas escollas da memoria. Sucede iso, nomeadamente, mais non só, cando o instante da escrita se sente enneboeirado polas dúbidas existenciais. Desde os seus tenteos abrolla entón un clima onírico e cunha forte carga simbólica que pide, para ser gozado en todos os seus ricos matices, unha lectura atenta. Poderase así ir desentrañando a auténtica identidade dun eu lírico que avanza entre o magma propio do pulo creador e un ritmo de estraña fascinación.

Traducida e prologada con admiración e grande acerto polo tamén poeta Xavier Rodríguez Baixeras, esta antoloxía en edición bilingüe asturiano-galego é a primeira selección da obra de Lourdes Álvarez que se publica noutra lingua peninsular.

Artículos relacionados