- Editorial:
- NUBEOCHO EDICIONES
- Ano de edición:
- 2025
- ISBN:
- 978-84-10406-71-1
- Páxinas:
- 164
- Encadernación:
- Cartoné
DANIELA PIRATA. TODAS AS SÚAS AVENTURAS
ISERN, SUSANNA
Xa está aquí o álbum recompilatorio da pirata máis famosa dos sete mares!
Inclúe os libros 'Daniela Pirata', 'Daniela e as mozas piratas', 'Daniela Pirata e a bruxa Sofronisa', e 'Daniela Pirata e a malvada ciclope'.
Na súa primeira aventura, Daniela desafía o Capitán Orella Cortada e convértese na capitá pirata do Caimán Negro. Na segunda, coñece sereas, tritóns e unha amigable balea que será de moita axuda no rescate do naufraxio das Pirañas Intrépidas. Na súa terceira e cuarta aventura, Daniela e a súa tripulación enfróntanse a unha poderosa bruxa e á malvada ciclope que ten secuestrado o príncipe do Reino do Sol.
Daniela Pirata converteuse nunha personaxe admirada da literatura infantil, unha nena valente que non se rende e que nos recorda a importancia da igualdade entre nenas e nenos.