DIARIO DO ANO DA PESTE
En stock

DIARIO DO ANO DA PESTE

DEFOE, DANIEL

22,50 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Ano de edición:
2022
ISBN:
978-84-9151-937-9
Páxinas:
306
Encadernación:
Rústica
Colección:
Literaria
22,50 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

É Daniel Defoe un dos maiores inventores da lingua inglesas, dicía o tamén escritor Anthony Burgess, e así o demostra neste estarrecedor relato novelado do andazo de peste que asolou Londres e a súa contorna entre 1664 e 1666, e ao que, sendo un neno de cinco anos, sobreviviu.
Percorren as conmovedoras páxinas deste libro exemplos de humanidade e solidariedade daqueles que se sacrifican polos demais, como tamén daqueloutros miserables que se aproveitan da desgraza allea en tan terribles circunstancias. Heroes, negacionistas, viláns, rexoubeiros e acaparadores pululan nunha dramática narración que hoxe, tras a pandemia que vivimos, está máis de actualidade que nunca, e que volve demostrar que a condición humana pouco mudou co paso dos séculos.

Artículos relacionados

Outros libros do autor