- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
- Ano de edición:
- 2010
- ISBN:
- 978-84-8487-182-8
- Páxinas:
- 240
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Laiovento
FEIJOO, O GALEGO E NÓS
XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ CÁCCAMO
Recóllese neste libro un total de sesenta e oito artigos publicados na prensa galega máis algúns procedentes de blogues e xornais dixitais entre xaneiro de 2009 e mediados de marzo de 2010, até hoxe mesmo e desde que o candidato Núñez Feijóo decidiu asumir e amplificar o alcance das demandas galegófobas dun colectivo de falsaria denominación, Galicia Bilingüe. Malia o carácter anecdótico da incidencia social dese grupo, cuxa concentración compostelá de febreiro de 2009 atinxiu hiperbólico eco nos xornais galegos de maior difusión, La Voz de Galicia e Faro de Vigo, Feijóo apostou a esa carta marcada en procura de votos. Con todo, xa estaban previamente asentadas no seu xenoma ideolóxico e no do sector político que representa as claves do autoodio e as consignas de demolición recentralizadora procedente da facción ultradereitista do Partido Popular