FOSFORESCENCIAS
En stock

FOSFORESCENCIAS

GÓMEZ ARTO, LUPE

16,90 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
ALVARELLOS EDITORA TÉCNICA
Ano de edición:
2019
ISBN:
978-84-16460-66-3
Páxinas:
288
Encadernación:
Bolsillo
Colección:
Libros do Sarela
16,90 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Lupe Gómez (Fisteus, Curtis, 1972), unha das voces poéticas máis singulares e respectadas dos últimos vinte anos en Galicia, publica en 2019 con Alvarellos Editora un deses libros que poderiamos denominar inclasificables, titulado Fosforescencias. “Cando xa ninguén escribe cartas a man”, afirma a autora na introdución, ela decide manter correspondencia con diversas personalidades do mundo da escrita e da cultura de Galicia coa finalidads de artellar un personal libro de cartas. Son textos íntimos, literarios, fondamente poéticos... e reais, posto que efectivamente foron enviados por correo postal ás persoas destinatarias, e a obra recolle tamén alguhas das cartas de volta. Emma Pedreira, Manuel Rivas, Neira Vilas, Yolanda Castaño, Amancio Prada, Francisco Pillado o Emilio Araúxo son algúns dos destinatarios.
Lupe Gómez, que publicou o seu primeir libro —titulado Pornografía— nunha autoedición en 1995, e obtivo premios e recoñecemento durante os anos seguintes (o seu libro Camuflaxe foi premio da Crítica Española en 2017), afirma hoxe: “Nas cartas recoñézome máis viva e sincera que nos libros que publico ou escribo”.
Fosforescencias está ilustrado polo pintor, poeta e galerista Anxo Pastor (Vilardonas, Ribas de Sil–Lugo, 1959), que dialoga cos textos a través da evocación, os símbolos e as cores de ilustracións e collages.

Artículos relacionados