- Editorial:
- EDICIONS DO CUMIO, S.A.
- Ano de edición:
- 2026
- ISBN:
- 978-84-8289-847-6
- Páxinas:
- 72
- Encadernación:
- Cartoné
LALA E LOLO: CANTA EMOCIÓN!
MEJUTO, EVA
Lala e Lolo son moi diferentes, pero xuntos descubrirán que todas as emocións teñen o seu lugar.
A alegría dun aniversario, o medo á escuridade, un enfado que parece non rematar, unha rabecha, un desgusto ou o valor dunha aperta. Este precioso cofre reúne seis minilibros de cartón protagonizados por Lala e Lolo, dous entrañables personaxes cos que os máis pequenos e pequenas poderán recoñecer e comprender as súas primeiras emocións.
Historias sinxelas, rimadas e cheas de tenrura, con textos en maiúsculas, pensadas para ler en voz alta e compartir en familia.
As súas páxinas de cartón resistente, as esquinas arredondadas e o pequeno formato dos libros están especialmente adaptados ás mans dos máis pequenos.
Seis primeiras historias para descubrir as emocións e crear a súa primeira biblioteca. Recomendado de 0 a 3 anos.