NOMES PROPIOS
Consultar disponibilidade

NOMES PROPIOS

CELESTINO PÉREZ RECAREY

12,00 €
IVE incluído
Consultar disponibilidade
Editorial:
EDITORIAL TOXOSOUTOS, S.L.
Ano de edición:
2023
ISBN:
978-84-125915-7-6
Páxinas:
139
Encadernación:
Rústica
Colección:
Nume
12,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

En NOMES PROPIOS recóllense relatos breves, onde o protagonismo recae nas mulleres, nos homes e lugares onde se desenvolven estas historias.
Nalgúns deles, nárranse momentos relacionados co amor nas súas diversas formas, pero tamén vivencias traumáticas como a enfermidade ou o fracaso profesional. Noutros, prodúcese un achegamento ás nosas lendas e feitos fantásticos que poden ter un fondo histórico.
Así mesmo, descríbense situacións e circunstancias que calquera persoa puido vivir nalgunha ocasión da súa vida. Afloran sensibilidades como a honradez ou a covardía, pero tamén circunstancias vividas na escola, no deporte ou no traballo. Igualmente se expoñen temas relacionados co alcoholismo, coa infidelidade ou mesmo coa morte. Ademais, hai unha aproximación á nosa rica e variada literatura de tradición oral.
Finalmente, salientamos que en todos os relatos deste libro está sempre presente un sentimento inalterable: o amor ás persoas e á nosa terra.

Artículos relacionados