O CEMITERIO DE BARCOS
En stock

O CEMITERIO DE BARCOS

CASTRO, FRANCISCO

18,40 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Ano de edición:
2021
ISBN:
978-84-9151-716-0
Páxinas:
292
Encadernación:
Bolsillo
Colección:
Costa oeste
18,40 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

O cemiterio de barcos é unha historia luminosa de amor e amizade contra a violencia en todas as súas expresións. Unha novela de iniciación, aventuras e misterio que atrapará a lectores de todas as idades.
David lembra moi ben canto gozaba das vacacións de verán na vila natal do seu pai, cando era neno. Agora ten dezaseis anos e todo é distinto: foi un curso difícil no instituto e nada lle apetece menos que volver á vila de sempre para aburrirse unha vez máis, por moito que o seu pai insista en animalo.
Pero así como chega coñecerá a Lucía, unha rapaza que vén de saír dunha relación tóxica e violenta, e xorde entre eles unha complicidade case instantánea. Xuntos descubrirán un segredo soterrado na vila dende hai décadas para así desvelar unha rede corrupta que ameaza con estragar os recursos e o equilibrio da vila e os seus habitantes.
O cemiterio de barcos é unha novela sobre a dignidade e fronte a calquera clase de abuso, e unha alegación en contra da violencia machista.

Artículos relacionados

Outros libros do autor