- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
- Ano de edición:
- 2006
- ISBN:
- 978-84-8487-085-2
- Páxinas:
- 290
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Laiovento
O FÍO DA LINGUA
HARGUINDEY BANET, HENRIQUE
Coñecer a linguaxe é necesario para a garantía da propia independencia e seguridade. É, alén diso, un elemento que contribúe á nosa formación, que xera autoconfianza. E mais, naturalmente, como todo coñecemento, é unha fonte de pracer.
Pero a linguaxe non ten unicamente a misión de representar a realidade. A linguaxe ten tamén outras misións como as de servir de vehículo de sentimentos, de creación expresiva, de instrumento de xogo e de pracer, etc. que utilizamos alternativamente ou simultaneamente con aquela. E o uso e o dominio dunhas funcións activa e potencia o uso e o dominio das outras.