O LUGAR ONDE VOU
En stock

O LUGAR ONDE VOU

ARAGUAS, VICENTE

17,60 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Ano de edición:
2022
ISBN:
978-84-9151-909-6
Páxinas:
168
Encadernación:
Rústica
Colección:
Literaria
17,60 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Ten O lugar onde vou, libro de relatos de Vicente Araguas, a peculiaridade de presentar variantes sobre unha realidade posible e outra máis que improbable. Desta maneira, fala de medo, e de bares onde, ao non pasar nada, pasa de todo, de casas grandes que ven, sen poder facer nada, como as mulleres se descolgan dos cadros, de parellas dispares en idade que falan de raíñas consumidoras compulsivas de arroz con leite.
Araguas bota a andar unha pluma que ten cousas de corazón tan desbocado como o dos cómplices dunha editora “indie” desbordados pola chea de libros de poemas que reciben, ou da estatua inca que vinga o seu posuidor dos arrebatos celosos da súa amada; hai gatos que falan e cans que bolen na neve e mancos que escriben con idéntica pericia á do Caldeireiro, urbanista anglófilo na Nebia de 1866.
Un festival de maneiras de querer, de ir mirando como a vida acontece, de realismos extracorpóreos e de corpos que liscan alén da realidade, o deste libro de relatos, que fai debutar o autor en Editorial Galaxia.

Artículos relacionados