- Editorial:
- ALVARELLOS EDITORA TÉCNICA
- Ano de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-16460-81-6
- Páxinas:
- 32
- Colección:
- Verdemar
O MEU AVÓ E O QUEIXO
REIMÓNDEZ MEILÁN, MARÍA
Escrito por María Reimóndez e ilustrado por Vanesa Álvarez, "O meu avó e o queixo" é o título dunha orixinal historia entre un avó e a súa neta tecida de afecto, humor e gastronomía. Conta cunhas orixinais ilustracións inspiradas nos graffitis urbanos. Avó e neta comparten o seu amor polo queixo. Entre eles establécese un divertido diálogo a través do cal iremos descubrindo deliciosos queixos de Galicia e do mundo, como o Manchego, o do Cebreiro, o de Arzúa ou o Gruyère. Os momentos compartidos entre neta e avó convértense en grandes ventás abertas a un mundo... que é redondo como un queixo!