- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
- Ano de edición:
- 1998
- ISBN:
- 978-84-89896-18-5
- Páxinas:
- 166
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Laiovento
O PARABLE ASCENSO DE ARTURO UÍ
BRECHT, BERTOLT
A crítica ten clasificado O parable ascenso de Arturo Ui como unha das chamadas parabelstücke (parábolas teatrais) de Brecht. A conclusión que o público pode tirar despois de ler ou ver esta parábola é que o facismo non é un feito histórico illado, senón a sempre posible continuación dos negocios con outros medios, idea que se corresponde coa concepción brechtiano-marxista de que, en realidade, a política e mesmo o destino dos pobos están supeditados aos intereses do gran capital. Precisamente nuns momentos históricos como os que estamos a vivir, presididos pola intolerancia, pola xenofobia, polo racismo, polo triúnfo do máis descarado economicismo, polo ascenso, en fin, das forzas fascistas e reaccionarias, a publicación desta obra de Bertolt Brecht cobra un especial sentido e significado.
Laiovento quere conmemorar, así, coa edición deste importante título do dramaturgo alemán, o centenario do seu nacemento.
Tradución do alemán de Sonsoles Cerviño López.
Retrato da lapela: Luís Seoane.