- Editorial:
- EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
- Ano de edición:
- 2019
- ISBN:
- 978-84-9121-482-3
- Páxinas:
- 40
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Merlín
O RAPOSO AVIADOR QUE VOA SEN MOTOR
REIGOSA, ANTONIO
Este libro conta a historia de Paquiño, o primeiro raposo que se fixo aviador e que foi, probablemente, o mellor de todos cantos houbo e haberá entre os que saben voar sen avión e sen motor.
Despois de moito afociñar, aprendeu a tomar voo e a aterrar como os avións e os helicópteros. E tamén aprendeu a amarar, que é como se di cando se pousa no mar.
Un día Paquiño quixo voar ata cruzar a liña do horizonte. E foi. E ben que o pasou!
E ti tamén o has pasar ben se comezas este conto polo principio de todo.