- Editorial:
- EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
- Ano de edición:
- 2023
- ISBN:
- 978-84-1110-305-3
- Páxinas:
- 48
- Encadernación:
- Bolsillo
- Colección:
- Biblioteca dramática galega
O TRAXE
JOSÉ FERNANDO CASTRO PAREDES
Un home sae do hospital despois de varias operacións e padecementos. Está moi enfermo. Regresa á súa casa para pasar o tempo que lle queda entre os seus. A súa familia quere mantelo encamado e baixo control, pero el escapa. Ten un proxecto que non se pode adiar: mercar un traxe novo.
"O traxe", a peza gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2022, é un monólogo dramático que, facendo uso do humor negro, nos presenta un personaxe inquietante e complexo que, levado ao límite polas circunstancias, decide mostrarse ao mundo tal como é, pois xa nada ten que perder.
Unha comedia cruel sobre a intolerancia, a violencia reprimida, a incomunicación e a morte.