- Editorial:
- EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
- Ano de edición:
- 2019
- ISBN:
- 978-84-9121-614-8
- Páxinas:
- 72
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Poesía
ONDE NACEN AS HEDRAS
VARELA, ANA
"Onde nacen as hedras" é un libro que agroma dun derrubamento e constrúe a cartografía dunha caída, do proceso de perda e abandono. Os poemas sitúannos no lugar do oráculo que todo o ve, desde os sinais que anuncian a primeira fenda até que nos asomamos ao oco, a ruína mesma.
Alí, onde nacen as hedras que cosen a memoria e terman da palabra, fica só o poema como testemuño do que xa non é, mais tamén do que sobrevive.