- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA, S.L.
- Ano de edición:
- 2008
- ISBN:
- 978-84-8464-662-4
- Páxinas:
- 32
- Colección:
- Demademora
ORELLAS DE BOLBORETA
ANDRÉ NEVES / LUISA AGUILAR
Ter as orellas grandes, o pelo rebelde, ser alto ou baixo, fraco
ou gordecho... Ata a característica máis nimia pode ser motivo
de parodia entre os nenos. Cómpre un libro para demostrarlles
que eses comportamentos son reprobables.
Especialmente aos que son sinalados polos demais, a mensaxe
que transmite este relato é que convirtan en positivo aquilo
que para outros sexa motivo de mofa. Porque as características
que nos diferencian hai que poñelas en valor para que nos distingan
como seres especiais e únicos. Recoñecer e mesmo reivindicar
a diferenza fainos fortes, aceptándonos como somos e reforzando
a nosa personalidade.