PAPAGAIO
En stock

PAPAGAIO

VILLALTA, LUÍSA

22,00 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
KALANDRAKA EDITORA, S.L.
Ano de edición:
2024
ISBN:
978-84-1343-313-4
Páxinas:
112
Encadernación:
Rústica
22,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Unha nova edición dunha das obras máis comprometidas e feministas da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024. 
No ano 2001, o barrio coruñés do Papagaio, espazo tradicionalmente dedicado á prostitución, foi derrubado vítima da especulación inmobiliaria. Durante o proceso de demolición, a fotógrafa Maribel Longueira captou coa súa cámara as máquinas, as paredes dos edificios e os cascallos, así como algúns obxectos, testemuñas do que aquelas vivendas acolleran durante anos.
Convidada por Maribel, a escritora Luísa Villalta puxo voz a estas imaxes con 19 poemas. Neles móstrase reivindicativa, directa, rotunda e ao
mesmo tempo solidaria ao proxectar unha ollada que deixa en evidencia a violencia patriarcal e o estigma sufrido polas mulleres que exercen a
prostitución. A hipocrisía, o oprobio, o abuso, a deshumanización ou o anticlericalismo son outros temas presentes nesta obra escrita pouco
tempo antes do inesperado falecemento da autora, que se converteu nunha sorte de testamento literario que revela a singularidade dun
pulso poético único; dunha ollada crítica e reivindicativa moldeada pola autoesixencia que sempre se impuxo como creadora.

Artículos relacionados

Outros libros do autor