- Editorial:
- UNIVERSIDADE DA CORUÑA. SERVIZO DE PUBLICACIÓNS
- Ano de edición:
- 2007
- ISBN:
- 978-84-9749-266-9
- Páxinas:
- 232
- Encadernación:
- Bolsillo
- Colección:
- Biblioteca-arquivo teatral Francisco Pillado Mayor
POÉTICA, DE ARISTÓTELES (2ª EDICIÓN)
GONZÁLEZ MUÑOZ, FERNANDO (ED.)
A poética de Aristóteles preséntase ante o lector contemporáneo como un documento capital en varios sentidos, primeiramente como modelo de teorÃa xeral da composición poética baseada na consideración empÃrica e na análise racional dos fenómenos literarios particilares; en segundo lugar, como exercicio de formalización de dous xéneros literários en concreto, a traxédia e a epopea, de grande importancia no sistema literario da Antigüidade e de ampla tradición nas diversas literaturas occidentais; por último, como fino exercicio de crÃtica literaria e mesmo estilÃstica de diversos autores e obras da Grecia antiga. Sen lugar a dúbidas, a revisión das ideas aristotélicas sobre as claves da composición literaria, os efectos da obra de arte na sensibilidade estética do receptor ou a discusión da corrección polÃtica ou relixiosa como criterio de avaliación da obra poética ten un interese notabel tanto para os artistas contemporáneos como para os crÃticos e o público en xeral.