- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA, S.L.
- Ano de edición:
- 2018
- ISBN:
- 978-84-8464-367-8
- Páxinas:
- 40
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Tras os montes
POR QUE?
NIKOLAI POPOV
A senrazón da guerra, a violencia, a vinganza, a devastación e a morte asómanse en toda a súa crueza ás páxinas deste libro visual; unha fábula que comenza coa bucólica estampa dunha ra gozando do arrecendo dunha flor, ata a irrupción dun rato que a ataca para quitarlla. Xorde daquela unha loita entre dous bandos cada vez máis numerosos en individuos e medios bélicos que dá lugar a emboscadas e bombardeos. Dun prado florido, a un lugar desolado; dunha minucia, a un gran conflicto sen ter mediado nin unha soa palabra.