- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA, S.A.
- Ano de edición:
- 2026
- ISBN:
- 978-84-1176-580-0
- Páxinas:
- 241
- Encadernación:
- Otros
- Colección:
- Letras galegas
TRINTA ANOS DE POESIA CRITICA 1936-1966. ESTUDO E ESCOLMA
ALONSO MONTERO, XESUS (EDICION RAMON NICOLAS)
Case sesenta anos despois de que a censura franquista prohibise a publicación de Trinta anos de poesía crítica, 1936-1966, antoloxía poética e de contido social compilada por Xesús Alonso Montero en 1967, recuperamos, na edición de Ramón Nicolás, un texto imprescindible para que profesores e alumnos e outros letraferidos, entendan unha das estratexias das que se servía o franquismo para controlar e manexar ideoloxicamente a sociedade española.
Unha compilación heteroxénea que vai de finais do século XIX ata o segundo terzo da década de 1960, onde as voces cunha maior representatividade son aquelas que o canon histórico da poesía reivindicativa ou crítica situou no seu xusto lugar.