- Editorial:
- EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
- Ano de edición:
- 1990
- ISBN:
- 978-84-7507-448-1
- Páxinas:
- 176
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Narrativa
UN HOME DE VILAMEÁN
ANATOMÍA DA REVOLUCIÓN IRMANDIÑA
BERNÁRDEZ VILAR, XOÁN
-Son de Vilameán e teño unha casa e unha pequena veiga. Pero a miña moza é de Vilariño; se vou vivir onda ela deberei doarlle as miñas propiedades ó mosteiro. Mais se a levo a vivir comigo a Vilameán, deberá ser ela quen dea as súas terras de Vilariño. Ese é o meu problema. O outro gardou un curto silencio. -É a lei -dixo logo. -É a lei -repetiu Pedro-. randa vivían os meus pais pasabamos fame. Agora o que teño dános a penas para nos manter á miña irmá e a min. Se caso volverémola pasar, porque teño que contar coa miña muller e cos fillos que veñan. Serán máis bocas a comer do mesmo. Mais, se non perdese as terras dela a cousa sería diferente. Iso foi o que lle vin dicir ó abade.