- Editorial:
- EDICIÓNS EMBORA
- Ano de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-17824-70-9
- Páxinas:
- 136
- Encadernación:
- Rústica
UN TIRO PARA MÉNDEZ FERRÍN
E OUTRAS HISTORIAS
DEL CAÑO, XOSÉ MANUEL
Este é un libro de entrevistas ou mesmo de fragmentos ou retallos de entrevistas rescatadas por Xosé Manuel del Caño. Son vivencias e experiencias, ben contadas e ben traídas, coa brevidade, concisión e claridade que esixen a profesión xornalística, a percorrer ecos e pegadas que no autor deixaron, en ocasións a xeito de semblanzas emotivas, Ferrín, Prego, Colmeiro, Manuel María e Novoneyra, Tovar, Chano Piñeiro, Casares e Conde, José A. Valente, as irmás Pura e Dora Vázquez, Xesús Alonso Montero, Leopoldo Durán á sombra de Graham Greeen ou viceversa, Palomares, Líster, Fraga, Carlos G. Reigosa ou Isaac Díaz Pardo a carón doutras prosas que reflicten situacións, por veces, surrealistas que Del Caño viviu.